Home / Cultura / Un microteatro ‘con final feliz’ fai escala este xoves no Centro Torrente Ballester

Un microteatro ‘con final feliz’ fai escala este xoves no Centro Torrente Ballester

FERROL360 | Martes 22 outubro 2013 |

«Ben está o que ben remata, pero polo camiño, ás veces, que mal se pasa». Desta reflexión tan acertada, xorde unha interesante expresión artística, e moi cercana. A compañía teatral Voadora, faise cargo dunha peza de microteatro ideada para un espazo íntimo e representada para un aforo aproximado de 15 persoas.

Happy End é un pequeno conto sobre o amor; unha microcomedia romántico-musical que está a piques de cumprir o seu primeiro ano de idade, logo de ser representada por diversos escenarios galegos.

Ao Centro Cultural Torrente Ballester, tócalle desta vez acoller a representación liderada por Marta Pazos, Jose Díaz e Hugo Torres, dentro do ciclo cultural Noites na Capela. Será este xoves a partir das nove da noite. As entradas custan 4 euros e pódense adquirir de maneira anticipada na páxina web do Concello de Ferrol ou no despacho do teatro Jofre.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies