Home / Cultura / Un monólogo de Celso Sanmartín e un drama con Pepe Viyuela chegan este venres e sábado ao Pazo da Cultura de Narón

Un monólogo de Celso Sanmartín e un drama con Pepe Viyuela chegan este venres e sábado ao Pazo da Cultura de Narón

Pepe Viyuela, Susana Hernández, José Luis Alcobendas e Elena González protagonizan 'Mármol'

Pepe Viyuela, Susana Hernández, José Luis Alcobendas e Elena González protagonizan ‘Mármol’

FERROL360 | Xoves 14 abril 2016 | 11:54

O poeta e contacontos galego Celso F. Sanmartín será o protagonista este venres do monólogo Contar, o terceiro que se desenvolverá este mes no Pazo da Cultura de Narón, enmarcado no Festival do Monólogo Teatral Singular.

«Contar é o meu oficio, e tamén é a palabra que teño na boca cada vez que subo a un escenario coa claridade de que comparto un saber que practicamos todos, e non algunha vez senon toda a vida, porque non contar sería tanto coma non convivir, e polo tanto, en positivo, contar é convivir. Contar para que os demais te teñan en conta». Así explica o autor o seu monólogo, que dará comezo ás 20.30 horas.

As entradas teñen un prezo de 6,65 para abonados, persoas con carné Xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados e de 9,50 euros para o público en xeral. Poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura.

Xa o sábado, ás 20:00 horas, o escenario naronés acollerá a representación da obra Mármol, da compañía El Vodevil. Os actores Elena González, Susana Hernández, José Luis Alcobendas e Pepe Viyuela póñense ás ordes de Antonio C. Guijosa para representar unha peza dramática sobre soños, pesadelos e realidades, que xira arredor das relacións de parella.

En Mármol, as estruturas matrimoniais aparentan ser perfectas, fortes e irrompibles, ata que ocorre algo que fai cuestionar a súa estabilidade.

Os prezos dos pases, á venda na billeteira do auditorio naronés, oscilan entre os 10,50 e os 15 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies