Home / Sociedad / Entidades sociales / Un tapón de botella: insignificante para nós, unha esperanza para Alba.

Un tapón de botella: insignificante para nós, unha esperanza para Alba.

ARY LÓPEZ | Xoves 20 xuño 2013 | 21:12

Voluntarios de Aspanemi recollen tapóns de plástico para a campaña ‘Alba, La Promesa’ na nave municipal de San Sadurniño. Trátase dunha acción solidaria que pretende acadar o máximo beneficio económico para facer fronte un tratamento médico que ascende a 100.000 euros. O plástico recollido na xornada de hoxe é trasladado polo persoal do Concello á nave naronesa de Amenadás para o seu posterior envío e venda á planta de reciclaxe Reserplas no Porriño. A organización calcula que hoxe puidéronse recompilar uns trescentos kilogramos deste material.

Un dos colectores de plástico para a campaña 'Alba, La Promesa' (Foto: Ary López)

Un dos colectores de plástico para a campaña ‘Alba, La Promesa’
(Foto: Ary López)

Alba é unha nena de 15 anos que sofre unha lesión cerebral dexenerativa que lle produce, entre outros síntomas, un cambio na actividade neuronal e unha inmadurez cerebral. As consecuencias da súa patoloxía derivan nun mal funcionamento dos órganos, dificultade para o procesamento de información e pérdida visual.

A cifra demasiado elevada para a cobertura sanitaria desta rapaza, levouna a iniciar unha campaña solidaria a través das redes sociais, promovendo a recollida de tapóns de plástico. ‘Alba, La Promesa’ é un chamamento de apoio e solidariedade por parte de toda a cidadanía, dentro e fóra de Galicia. De feito, Alba vive agora en Cartaxena, lugar onde está a funcionar este proxecto dende hai catorce meses.

A Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi) colabora, -xunto có Concello de San Sadurniño e o colexio público-, nesta iniciativa dende o pasado setembro, baixo o nome: Campaña de tapóns solidarios 2012 – 2013, dirixida a ‘Alba, La Promesa’. Desta maneira, seleccionan os tapóns recollidos en diferentes puntos da comarca para a súa posterior reciclaxe e venda. A presidenta da entidade, Montse Fraga, recalca que San Sadurniño «é un dos concellos que menos traballo nos da». Segundo ela, as cubertas dos envases veñen practicamente desprendidas de calquera outro material como pode ser, cartón ou metal. Polo que o proceso se desenvolve con maior lixereza.

Voluntarios recolectando tapóns de plástico para Alba. (Foto: Ary López)

Voluntarios recolectando tapóns de plástico para Alba.
(Foto: Ary López)

Non é a primeira vez que Aspanemi respalda unha acción de recollida de tapóns, xa que, na campaña pasada, desenvolveu unha a prol da investigación. Así a todo, Montse lamenta que este ano o custo por tonelada descendeu con respecto ó anterior, pasando de 300 euros -con transporte gratuito e selección-, a 250 euros. A esta cifra, deben restarlle 50 euros para o seu traslado á planta de reciclaxe e a laboura de separar os posibles materiais inservibles.

Pola súa banda, Lela Díaz, a avoa da nena, afirma que resulta imposible acertar canto tempo precisarán para xuntar os 100.000 euros. Sen embargo, asegura que esta acción é a máis eficaz xa que, hoxe en día, en moitos fogares separan as tapas dos envases para reciclar. Lela e Montse coinciden no emocionante que é ver como os nenos e nenas, en especial, outorgan tanto valor a un pequeno anaco de plástico e agardan unha nova avalancha dos mesmos, logo da campaña estival.

Outras iniciativas recadadoras:
Có fin de axudar a Alba o máximo posible, outra asociación da comarca, “Yo colaboro x una sonrisa” organizou o pasado ano unha actividade moi saborosa. Un grupo de voluntarios prepararon varios doces que venderon na festa do Pan de Neda e polos que recadaron 2.800 euros nun só día.

Para colaborar con Aspanemi, a entidade facilita no seu portal en internet un número de conta para recoller posibles doacións desinteresadas.

 

2 comentarios

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies