Home / Actualidad / Un total de 26 empresas optan á renovación da marxe dereita da Avenida das Pías

Un total de 26 empresas optan á renovación da marxe dereita da Avenida das Pías

Ferrol360 | Mércores 9 agosto 2017 | 9:55

O proxecto de renovación da marxe dereita da Avenida das Pías, ao que optan 26 construtoras, conta cun orzamento de 355.000 euros, sufragados con cargo ao PAS 2016. As obras abarcarán desde a saída da rotonda de Astano ata o cruzamento de Fene e veñen completar a reparación e a mellora da accesibilidade da avenida tralos traballos acometidos con anterioridade na beira norte.

Os traballos consistirán na renovación das redes de abastecemento de auga que discorren pola marxe sur da estrada FE-14. Con esta actuación búscase evitar as fugas e roturas que se producen na zona. As novas tubaxes instalaranse nun tramo de preto dun quilómetro, incluíndo os ramais para abastecer as acometidas domiciliarias existentes.

As augas derivaranse cara un novo colector de saneamento, que se situará na marxe dereita da avenida. Ademais tamén se aplicará unha impermeabilización asfáltica bicapa nas cubertas dos sotos, co obxectivo de evitar futuras humidades.

A segunda parte do proxecto céntrase na accesibilidade coa renovación das beirarrúas. Procederase a colocar un novo enlousado ao longo de todo o trazado e ademais se construirán rebaixas para persoas con mobilidade reducida. Asimesmo, se mellorará o acceso peonil desde a avenida á igrexa de Perlío.

As obras levaban varios meses previstas e co proxecto preparado. Porén, o Concello debeu agardar á autorización de ADIF para poder licitalas, posto que se vai ver afectado o viaduto que sortea a vía do tren e maila rúa Tellerías.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies