Home / Deportes / Un total de 500 nenos da provincia participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación

Un total de 500 nenos da provincia participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación

FERROL360 | Venres 29 decembro 2017 | 10:11

Entre o 2 de febreiro e o 12 de marzo, 500 rapaces da provincial participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña. Nesas datas terán lugar diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2003 e 2007.

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Inscrición

Os interesados en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o 16 de xaneiro. A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2018 poderase descargar da páxina web da Deputación da Coruña.

O alumnado de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño viaxarán do 16 ao 19 de febreiro. Mentras, os de Cabanas, A Capela, fene, Mugardos, Pontedeume e As Pontes irán a Mazaneda do 23 ao 26 de febreiro. Son en total 191 alumnos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies