Home / Actualidad / Unha aplicación móbil busca contribucións veciñais ao programa do BNG de Cabanas

Unha aplicación móbil busca contribucións veciñais ao programa do BNG de Cabanas

Parte da candidatura (foto: BNG Cabanas)

Parte da candidatura (foto: BNG Cabanas)

FERROL360 | Domingo 24 marzo 2019 | 13:00

O BNG de Cabanas lanzou unha aplicación para móbiles coa que quere recoller suxestións dos veciños para ultimar o seu programa de cara ás eleccións municipais do 26 de maio. Está a disposición dos interesados en calquera teléfono intelixente e nas tabletas co sistema Android e posibilita remitir ideas e propostas para a súa posible inclusión no documento.

Para atopala, abonda con poñer «Programa BNG 2019» na tenda de aplicacións do dispositivo correspondente. Ao mesmo tempo, permite acceder ás redes sociais da formación na localidade, outra canle para coñecer as inquedanzas da cidadanía. O voceiro e candidato a alcalde, Iago Varela, afirma que desexan «implicar á xente na elaboración do programa».

«O noso modelo de concello non se entende sen a participación da veciñanza», indicou o edil cabanés. Adiantou, igualmente, que todas «as propostas serán tidas en conta para buscarlles encaixe no programa co que o BNG gobernará Cabanas a partir de maio».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*