Home / Ortegal / Cerdido / Unha árbore autóctona por un libro, o alumnado do CEIP da Barqueira inicia ‘O movemento do cinto da Fraga’

Unha árbore autóctona por un libro, o alumnado do CEIP da Barqueira inicia ‘O movemento do cinto da Fraga’

FERROL360 | Venres 27 abril 2018 | 10:09

Ante a vaga de lumes que azotou Galicia no pasado mes de outubro, o alumnado do CEIP da Barqueira comezou a preocuparse por esta situación e a pensar na necesidade de protexer o medio natural que nos rodea. Así xorde o proxecto O movemento do cinto da Fraga, un plan vinculado á importancia da reforestación, do coidado e preservación do patrimonio natural e da importancia e valoración de repoboar con especies autóctonas algunha das zonas afectadas.

Neste programa están involucrados os alumnos e alumnas de 2º ciclo de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. As mestras do centro, Lidia Casal e Araceli María Montes, explican que o proxecto ten diferentes etapas como a elaboración dun libro e de vídeos documentais, a posta en marcha de invernadoiros no centro e a incorporación da robótica para o autorego dos mesmo.

«Tras unha longa investigación, os pequenos e pequenas de Educación Primaria, realizaron un libro interactivo en lingua galega e con realidade virtual sobre o mundo das plantas», sinalan as mestras, que engaden que de forma conxunta, o ciclo de Infantil realizará vídeos documentais de concienciación e información sobre a importancia da conservación do bosque autóctono, así como proxeccións holográficas para transmitir a información atopada.

Ao mesmo tempo, teñen previsto poñer en marcha un horto escolar cos seus propios invernadoiros feitos con material de refugallo. Despois de investigar sobre diferentes sistemas de rego e, a través do programa de introducción á robótica do centro, «os pequenos e pequenaas programan os MBots para realizar un sistema de autorego», sinalan Casal e Montes.

O obxectivo é que «estes robots realicen rexistros de recollida de información sobre temperatura exterior e da terra, intensidade da luz e mesmo alturas de crecemento, aspectos que permiten ó noso alumnado ter un maior control das súas plantacións», comentan as mestras.

Ademais, para poder realizar unha pequena reforestación dos bosques da zona o centro organiza para o vindeiro luns 20 de abril un mercadillo solidario para recadar árbores autóctonas. As persoas que entreguen unha árbore recibirán un libro por parte do alumnado. A cita será de 15.30 a 16.30 horas.

«Con todas as especies recollidas, os pequenos e pequenas doarán e plantarán as mesmas en aqueles Concellos afectados e interesados en reforestar os seus bosques con estas especies autóctonas», indican Montes e Casal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies