Home / Cultura / Unha exposición, baile e teatro, actividades para esta fin de semana en San Sadurniño

Unha exposición, baile e teatro, actividades para esta fin de semana en San Sadurniño

FERROL360 | Verres 6 febreiro 2015 | 20:00

Actividades moi diversas e variadas nos esperan esta fin de semana en San Sadurniño. Unha exposición sobre fútbol, obradoiro de baile, teatro e volei compoñen a oferta de ocio do municipio para estes días libres.

O sábado a casa do Concello acollerá a presentación da exposición «Fútbol que fala». Unha mostra que está formada por 20 instantáneas realizadas polo fotógrafo Gabriel Tizón en diferentes países de África e comentadas por 17 nenos de San Sadurniño co ánimo de sensibilizar e unir a rapazada de Galicia e África. A cita será ás 19:00 horas no salón de plenos.

As fotografías están expostas na galería da Casa do Concello xunto con tres pantallas onde se poden escoitar as impresións dos nenos e nenas á vez que se ven as instantáneas. Na presentación estarán os pequenos que comentan as fotografías e Tizón, que percorreu Arxelia, Senegal, Guinea Bissau e Gambia para retratar a ilusión -e tamén a pobreza- coa que os rapaces gozan do fútbol.

Mentres, ás 17:30 horas no local social da Veiga, en Naraío, terá lugar unha nova edición do Baile 100%, no que o grupos Os Cempés ensinarán bailes como pasodobres, valses, mazurcas, chotis, xotas e muiñeiras, entre outros. O prezo da actividade son 5 euros polas clases aceleradas e 5 euros polo baile posterior. Quen participe nos dous terá merenda de balde e un CD dos Cempés.

As propostas do sábado rematan no pavillón municipal. Ás 19:30 horas o Aldebarán Intasa recibe ao Náutico de Boiro dentro da SM2 estatal. Os locais porán todo da súa parte para conseguir unha victoria que lles permita saír do último posto da táboa clasificatoria. Ao remate do partido aínda estaredes a tempo de pasar por Naraío para participar na segunda parte do Baile 100%.

O domingo, teatro

E o domingo a partir das 19:30 horas volve o teatro á Casa da Cultura de San Sadurniño. Farao coa obra Enganados, representada polo grupo afeccionado Xosé María Díaz Parallé. O grupo trae unha comedia onde os conceptos amizade, lealdade, sinceridade, decepción, adquiren dimensións insospeitadas.

Unha comedia que asusta ao ver os instrumentos cada vez máis poderosos que empregan os de arriba para controlar e utilizar aos de abaixo.

Enganados está protagonizada por Mari López, Tatiana Méndez, María Basoa, Lucía Méndez, Carlos Basoa e Rosa Balseiro. Estes últimos son o director e a axudante de dirección respectivamente, mentres que a coreografía está deseñada por Adrián Vieito.

A entrada é gratuíta e a peza é para maiores de 16 anos.

san valentín en dolce vita odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies