Home / Cultura / Unha exposición homenaxea en Ferrol á figura de Eduardo Blanco Amor

Unha exposición homenaxea en Ferrol á figura de Eduardo Blanco Amor

FERROL360 | Luns 16 setembro 2013 | 16:48

No ano 1897 nacía en Ourense un persoeiro importante para a cultura galega que exerceu de escritor, político e xornalista ao longo do século vinte.

O autor de obras tan relevantes para a nosa literatura como A esmorga, Os biosbardos ou Xente ao lonxe, formou parte do Grupo Nós, do Partido Galeguista e foi impulsor da denominada Nova Narrativa Galega.

Eduardo Blanco Amor, emigrou a Bos Aires pero sempre se mantivo arraigado a Galicia, onde sitúa a meirande parte dos seus escenarios narrativos.

Como homenaxe a esta figura, o Concello de Ferrol ten aberta ao público unha mostra que se poderá visitar ata o vindeiro 15 de novembro na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal Central. Con Eduardo Blanco Amor: pegadas dun autor en liberdade, a Concellería de Cultura intenta «achegar as pegadas que Blanco Amor deixou durante a súa viaxe literaria».

O horario de visita para é de luns a venres, de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Eduardo Blanco Amor foi homenaxeado 1993 no Día das Letras Galegas. (Foto: RAG)

O Día das Letras Galegas de 1993 adicóuselle a Eduardo Blanco Amor. (Foto: RAG)

 

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies