Home / Cultura / Unha mostra adicada a Man, o alemán de Camelle, inaugúrase este venres no Ateneo Ferrolán

Unha mostra adicada a Man, o alemán de Camelle, inaugúrase este venres no Ateneo Ferrolán

FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 11:22

Cando se cumpren once anos da catástrofe do Prestige, a Asociación Cultural Fuco Buxán presenta unha exposición sobre a obra artística dun home que viviu corenta anos pegado ao mar de Camelle.

En colaboración coa Fundación Man e o Ateneo Ferrolán, a mostra recolle as fotografías e os textos de Manfred Gnädinger, o alemán que adicou parte da súa vida a pintar e a crear esculturas con elementos naturais da Costa da Morte.

O colectivo sinala que a escolma «quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo». Sempre involucrado na preservación do medio ambiente, Man practicou unha forma de vida considerada ‘alternativa’ nos nosos tempos.

Mes e medio despois do accidente do buque petroleiro nas costas galegas en 2002, Man faleceu aos 66 anos de idade.

A exposición que será inaugurada este venres ás 20:30 horas, poderá verse ata o próximo 30 de novembro no Ateneo Ferrolán.

Algunha das esculturas que realizou o alemán Man de Camelle (web: mandecamelle.net)

Algunha das esculturas que realizou o alemán Man de Camelle (web: mandecamelle.net)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies