Home / Deportes / Baloncesto / Unha reportaxe na Radio Galega resume os derradeiros anos do OAR

Unha reportaxe na Radio Galega resume os derradeiros anos do OAR

A derradeira plantilla do OAR na ACB
A derradeira plantilla do OAR na ACB

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 7:51

O xornalista ferrolán da Radio Galega, Raúl Villares, asina unha reportaxe que lembra os 25 anos do último partido do OAR Ferrol na ACB, na tempada 93/94, cando xogou a Copa do Rei e pelexou polo título de Liga nos oitavos de final.

Testemuñas de xogadores como Manolito Aller ou Anicet Lavodrama, pero tamén de técnicos como Ricardo Evia e de directivos como Francisco Rodríguez narran eses últimos tempos dun equipo que trascendeu o deportivo para ser o estandarte de toda unha cidade.

Un aval de 40 millóns de pesetas que esixía unha ACB que estaba a mudar e que nunca chegou acabou co soño do clube, ao igual que lle sucedeu a outros como Granollers, Cai Zaragoza ou Peñas de Huesca. A reportaxe, emotiva e fermosa, pode escoitarse nesta ligazón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies