Home / Sociedad / Unha surfista foi rescatada polo helicóptero Pesca-II dun cantil na Praia de Baleo

Unha surfista foi rescatada polo helicóptero Pesca-II dun cantil na Praia de Baleo

FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 11:41

O helicóptero Pesca-II rescatou na noite do 24 de xullo a unha surfista que se atopaba nun cantil situado na Praia de Baleo, en Valdoviño. Segundo indican desde o GES de Mugardos, tratábase dunha rapaza alemana que estaba a surfear cuns amigos e viuse sorprendida por unha forte corrente, polo que tivo que achegarse ao cantil.

Unha vez a salvo, a muller foi trasladada ata o heliporto de Celeiro e unha ambulancia de Urxencias Médicas levouna ao Centro de Saúde de Viveiro. Aparentemente, só presentaba alguna mazadura, segundo informan desde o 112 Galicia.

O servizo de emerxencias activou un operativo no que, ademais do Pesca-II, participou Salvamento Marítimo, GES de Mugardos, Protección Civil de Valdoviño e a Garda Civil.

O GES Mugardos participou nas labores de rescate esta pasada noite (foto: GES Mugardos)

O GES Mugardos participou nas labores de rescate esta pasada noite (foto: GES Mugardos)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies