Home / Cultura / Cine / Unha vintena de traballos participan no I Festival de Curtametraxes de Neda

Unha vintena de traballos participan no I Festival de Curtametraxes de Neda

FERROL360 | Mércores 8 outubro 2014 | 11:59

CortoEspaña e o Concello promoven o I Festival de Curtametraxes de Neda, que se celebrará este venres 10 de outubro e o vindeiro día 17 na Casa das Palmeiras con entrada de balde ata completar aforo. Proxectaranse unha vintena de traballos e o público elexirá a mellor curta do certame, que recibirá un premio en metálico de 100 euros.

As proxeccións arrancarán a partires das 20:30 horas e o programa deste venres incluirá a exhibición dos seguintes traballos: Amateur, de David Rodríguez; Sin comentarios, de Alex Barvel; Te Escucho, de Jorge Blas; El Pastel, de Estela Osorio; 02:43, de Héctor Rull; F5, de Bodgan Toma; Fall in Love, de Sonia de Carlos; Bitseller, de Juanma Sánchez Cervantes e 15 Promoción.K, de Stefano Ridolfi.

Fóra de concurso, proxectaranse dúas curtas da zona. Este venres, A Rampla, rodada en Neda e dirixida polo ferrolán Juanín Ares, e o día 17, De baixa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies