Home / Ferrol / Narón / Unhas 250 persoas de Narón competirán na Liga Motivos de Peso

Unhas 250 persoas de Narón competirán na Liga Motivos de Peso

Ferreiro y Piñeiro en la presentación (foto: Concello de Narón)
Ferreiro y Piñeiro en la presentación (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Xoves 4 abril 2019 | 10:23

Unhas 250 persoas de barrios e parroquias de Narón participarán na Liga Motivos de Peso, impulsada a través do programa 100.000 Motivos de Peso. Veciñas e veciños da zona urbana e rural do municipio agrupáronse en 24 equipos, cos seus correspondentes capitáns, para levar a cabo esta nova proposta do programa.

Cada un deles cumprirá nos vindeiros meses os retos que se marcaron para continuar avanzando nos obxectivos deste programa, encamiñados á perda de peso e á adquisición de hábitos de vida saudables, tanto a nivel alimenticio como para combatir o sedentarismo.

Os equipos formáronse nas parroquias de San Mateo, O Alto, A Gándara, Freixeiro, O Val, Piñeiros, San Xiao, Castro, O Couto, Santa Icía e Sedes. O prazo aínda non está pechado e as persoas interesadas en participar se poden anotar a través das asociacións.

Neste primeiro trimestre o reto está relacionado coa nutrición e continuará con baixar un 5 % de peso nos oito meses de duración da Liga; camiñar 10.000 pasos diarios (aproximadamente unha hora); estar activos cinco ou dez minutos cada hora que pasen sentados e comer cinco pezas de froita ao día, verduras e alimentos saudables.

Outros retos son beber auga e evitar bebidas azucaradas; almorzar dun xeito equilibrado; baixar o consumo de graxas animais; non fumar nin consumir alcol; e non permanecer inactivos máis de tres horas. Estes retos irán proporcionando unha serie de puntos aos equipos.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local asistiron á presentación oficial da Liga Motivos de Peso na tarde do mércores. O médico e impulsor deste programa, Carlos Piñeiro, entregou á alcaldesa, Marián Ferreiro, o premio Seo-Seedo/FEMP 2019 ao Municipio Saudable, outorgado durante o XV Congreso Nacional da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade.

Tras recoller os diplomas que acreditan os premios, a alcaldesa destacou a gran implicación das veciñas e veciños de Narón, «pola gran acollida deste programa» e tamén a do doutor Carlos Piñeiro. Marián Ferreiro asegurou que «grazas á vosa colaboración, entre todas e todos conseguiremos o reto de perder eses 100.000 quilos de peso en dous anos, obxectivo final deste programa».

Tamén houbo tamén un recoñecemento ao traballo do edil Octavio Dopico, que agradeceu no seu nome a edil de Participación Cidadá, Catalina García.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies