Home / Cultura / Usuarios da Biblioteca de Narón participan en dous videos para dar a coñecer estas instalacións

Usuarios da Biblioteca de Narón participan en dous videos para dar a coñecer estas instalacións

FERROL360 | Sábado 25 outubro 2014 | 12:59

Maiores e pequenos, todos usuarios da Biblioteca Municipal do Alto, protagonizan dous videos cos que pretenden dar a coñecer este espazo e convidar a toda a cidadanía a disfrutar dos servizos que ofrece esta ofrece.

O primeiro vídeo está protagonizado por 21 nenos con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. A película os presenta bailando ó son da canción Toc-toc de Pablo Díaz, mentres percorren todas as plantas, ensinando as diferentes dependencias deste lugar.

O segundo dos vídeos conta coa participación de nove persoas adultas. Para realizalo empregouse a técnica de animación stop-motion que emprega imaxes fixas sucesivas para dar sensación de movemento. Nesta película aplícase a técnica a obxectos e tamén ás persoas, que actúan como actores e actrices na historia.

Os videos pódense ver no blog da Biblioteca Municipal de Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies