Home / Sociedad / Entidades sociales / Usuarios de Aspaneps coidarán o xardín e o horto do colexio Jorge Juan de Perlío

Usuarios de Aspaneps coidarán o xardín e o horto do colexio Jorge Juan de Perlío

FERROL360 | Venres 11 setembro 2015 | 17:23

O colexio Jorge Juan de Perlío e o centro ocupacional de Aspaneps, asociación de pais e nais de nenos con problemas psicosociais, asinaron un convenio de colaboración para o mantemento e coidado do xardín e do horto do centro escolar.

Así, os usuarios de Aspaneps serán os encargados de coidar e mimar estas instalacións e este venres xa tiveron o primeiro contacto co xardín e o horto. Con este convenio tamén se pretende promover a inclusión socio-laboral das persoas usuarias do centro, que na actualidade conta con vinte persoas.

Cunha periodicidade trimestral, farán labores de mantemento, limpeza e compostaxe da área verde da escola. O convenio pon en valor a necesidade de implatar vías de colaboración entre os diferentes axentes da comunidade para facer real a inclusión das persoas con distintas capacidades.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies