Home / Sociedad / Usuarios do camping municipal de Valdoviño recollen sinaturas en Change.org en contra do peche das instalacións

Usuarios do camping municipal de Valdoviño recollen sinaturas en Change.org en contra do peche das instalacións

FERROL360 | Mércores 13 maio 2015 | 16:56

Están a piques de conquerir o seu obxectivo de 200 sinaturas na plataforma Change.org, só lles falta un pequeno pulo, 18 sinaturas, para logralo. Os usuarios do camping municipal de Valdoviño poñen en marcha esta iniciativa para tratar de evitar o peche do único camping municipal da localidade.

Na súa iniciativa, dirixida ao alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo, pídenlle que non peche estas instalacións porque «é o único xeito dentro das nosas posibilidades de poder ofrecerlle a os nosos nenos e nenas un verán e vacacións dignas».

A finais do mes de xuño finalizará o contrato coa empresa que xestiona o camping neste momento e os usuarios temen que o goberno local aproveite esta circunstancia para pechalo de forma definitiva. Tamén indican que o camping «é unha parte turística importante, xa que nesta época énchese de turistas e campistas» que aportan «riqueza para o pobo».

Ante esta situación, preguntan ao alcalde por que quere pechar o camping cando os usuarios e veciños de Valdoviño non están de acordo, ao mesmo tempo que queren saber que pensa facer o goberno local co terreo do camping municipal.

2 comentarios

  1. Moitas gracias pola vosa colaboración, e un saudo

  2. Juan Carlos Martín Martínez

    No Al cierre del camping de valdoviño

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies