Home / Sociedad / Valdoviño abre a preinscrición no Punto de Atención á Infancia para o curso 2017-2018

Valdoviño abre a preinscrición no Punto de Atención á Infancia para o curso 2017-2018

FERROL360 | Domingo 4 xuño 2017 | 17:18

O Concello de Valdoviño abrirá este luns o prazo de preinscrición na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia para o curso 2017-2018. O alcalde, Alberto González, informa que o alumnado xa matriculado no centro contará automáticamente con praza para o próximo curso, polo que só deben actualizar a documentación.

As persoas interesadas en inscribir aos seus peques deben anotarse no Rexistro Municipal ata o día 20 de xuño. Para a preinscrición requírese o volante de empadroamento, libro de familia, documento de identidade das persoas responsables, xustificantes de situación laboral, xustificantes de situación económica do núcleo familiar, e título de familia numerosa ou certificado de discapacidade de selo caso.

Esta instalación conta con 20 prazas para nenos e nenas de entre 4 meses e 3 anos, distribuídas en función da franxa de idade. O inmoble consta de dous espazos para o xogo, e outro adicado ó descanso, amais dos cuartos de baño e un espazo para a cociña.

O horario é de 8:00 a 16:00 horas de luns a venres e permanecerá pechada no mes de agosto. Ademais da xornada completa hai opción de media xornada en horario de 9:00 a 13:00 horas. Para máis información pódese contactar co departamento municipal de Servizos Sociais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies