Home / Sociedad / Naturaleza / Valdoviño abre o prazo de inscrición na andaina nocturna teatral «Ata as Fillas Bravas»

Valdoviño abre o prazo de inscrición na andaina nocturna teatral «Ata as Fillas Bravas»

FERROL360 | Venres 6 xullo 2018 | 11:22

O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición na andaina nocturna teatral «Ata as Fillas Bravas». A caminata celebrarase o vindeiro domingo 22 e inclúese no programa municipal «Escenarios Paralelos».

A ruta comezará no parque da praia da Frouxeira ás 20:00 horas e rematará no adro da igrexa de San Bartolo unha hora máis tarde. Unha vez finalizada a andaina a compañía Chévere Teatro porá en escea a súa obra «Ata as Fillas Bravas».

A peza teatral trata a historia de tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeran os seus pais, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir detrás da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Para acudir ao espectáculo basta con participar na andaina que si necesita de inscrición previa. Basta con chamar ao teléfono 981 48 76 66, anotarse en persoa na Casa da Cultura, ou enviar un correo electrónico a cultura@concellodevaldovino.com.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*