Home / Cultura / Valdoviño abre o prazo de inscrición no XIX Festival de Comparsas

Valdoviño abre o prazo de inscrición no XIX Festival de Comparsas

FERROL360 | Domingo 24 febreiro 2019 | 00:00

Valdoviño prepárase para o Entroido 2019 coa apertura da inscrición no XIX Festival de Comparsas, que terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo. A matrícula poderá formalizarse a partir do próximos luns 25 de febreiro e ata o día 1 de marzo. O festival repartirá 3.300 euros en axudas e premios.

Haberá tres categorías, comparsas adultas, comparsas infantís e outros. Cada comparsa poderá recibir como máximo 300 euros en premios entre os que destacan 150 euros en forma de vale para a mellor comparsa e outros 150 en tres vales de 50 euros canxeables no comercio local do Concello para os mellores disfraces individuais.

A categoría de outros engloba os grupos de ata cinco persoas, as parellas de disfraces e as persoas caracterizadas a título individual. Os menores non poderán participar de forma individual xa que precisan ir acompañados dun adulto polo que entrarían en parellas ou en grupo.

Os grupos deberán vestir mantendo unha uniformidade segundo o disfraz. O festival comezará ás 17:30 horas cun pasarrúas entre a Casa da Cultura e casa consistorial. Na Casa da Cultura habilitarase unha carpa para acoller o festival propiamente dito, que estará amenizado polo grupo de teatro galego Ghazafelhos

Cada comparsa interpretará ante o público un máximo de dúas cancións ou parodias ou ben, unha parodia e unha canción. Ademais, polo menos unha delas terá que estar escrita e interpretada en galego e unha delas xirar en torno a Valdoviño.

O xurado estará integrado por un representante de cada unha das comparsas, que poderá votar a todas menos a aquela que representa. O xurado terá en conta aspectos como a orixinalidade e vistosidade do disfrace, a posta en escena, as letras das cancións ou parodias, a simpatía e a animación de rúa que realice o grupo participante.

Para inscribirse é necesario presentar a documentación requerida na Casa da Cultura antes do día 1 de marzo. O horario de recepción das solicitudes na Casa da Cultura é de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e tamén o xoves 28 de febreiro en horario de tarde, de 15:00 a 18:00 horas.

As bases do Festival de Comparsas están dispoñibles na web do Concello e neste enlace.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies