FERROL360 | Mércores 2 maio 2018 | 9:35
O Concello de Valdoviño informa que a partir deste mércores ábrese o prazo de preinscrición na Escola Infantil, emprazada na Aula da Natureza. As instalacións contan con 20 prazas para nenos e nenas de 4 meses a 3 anos e as familias interesadas en dispor do servizo deben presentar a súa solicitude e documentación antes do día 15 no Rexistro Xeral –primeira pranta da casa consistorial-.
As fichas de preinscrición poden, así mesmo, descargarse da web municipal. Concluído o prazo, valoraranse as preinscricións se hai máis demanda que oferta. En caso contrario, todas as solicitudes recibirán o visto bo e o prazo de matrícula abrirase do 1 ó 15 de xuño.
O alcalde do municipio, Alberto González, salienta que «en menos dun ano, a Escola Infantil tense convertido nunha ferramenta clave para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias de Valdoviño, permitindo ó Concello fixar poboación».
As instalacións están ubicadas nun entorno único como é a zona da praia da Frouxeira e contan no seu interior con dous espazos para o xogo, outro para o descanso, cuartos de baño e cociña. Complétase cunha zona exterior de xardín con elementos para o xogo e unha pequena horta.
O seu funcionamento é de 8.00 a 16.00 horas de luns a venres, pechando no mes de agosto. Ademais da xornada completa hai opción de media xornada en horario de 9 a 13 horas. Proporcionaráselles almorzo e merenda, así como o xantar ás crianzas que participen da xornada completa, sendo as familias as encargadas de aportalo
Debate sobre el post