Home / Sociedad / Empleo / Valdoviño busca a 12 peóns para a limpeza de praias na tempada de verán

Valdoviño busca a 12 peóns para a limpeza de praias na tempada de verán

La playa de A Frouxeira, en Valdoviño, en imagen de archivo (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 13:04

O Concello de Valdoviño convoca o proceso de selección para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias na tempada de verán. A duración do contrato, que será a media xornada, será por espazo de tres meses.

As persoas interesadas en optar ao proceso poderán presentar a súa instancia no rexistro municipal do Concello ou por vía telemática a partir de este martes 18 de maio. O prazo para inscribirse é de cinco días hábiles.

As contratacións realizaranse ao abeiro da liña de subvencións que impulsa a Deputación provincial da Coruña e estarán condicionadas á concesión definitiva da axuda solicitada polo Concello de Valdoviño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies