Home / Cultura / Valdoviño convida á veciñanza a achegar as súas fotografías para facer o calendario do 2019

Valdoviño convida á veciñanza a achegar as súas fotografías para facer o calendario do 2019

FERROL360 | Sábado 20 outubro 2018 | 13:18

Queres que unha fotografía túa apareza no calendario que editará o Concello de Valdoviño o vindeiro ano? Participar é moi sinxelo, basta con enviar unha ou varias fotografías antes do 9 de novembro á web municipal.

O uso das imaxes tomadas por particulares capturando a beleza e a maxia da zona xa se iniciou este 2018. Seguindo a mesma filosofía, o próximo ano as reproduccións deberán ser comparables con outro lugar do mundo.

Así, a captura terá que ser dun lugar do municipio de Valdoviño polo que é requisito imprescindible especificar o lugar onde se tomou a imaxe e aquel outro co que se compara.

O Concello tamén remarca a obriga de que no caso de aparecer persoas na imaxes debe remitirse o seu consentimento expreso para o seu uso. Deste xeito, non se aceptarán traballos con contidos contrarios á legalidade vixente e todas as fotografías presentadas quedarán en posesión do Concello, de forma que poida utilizalas e reproducilas por calquera medio sempre que cite ó seu autor.

A partires do 26 de novembro, o Concello porase en contacto coas persoas autoras das imaxes elixidas e o 23 de decembro realizarase a presentación do calendario nun acto público que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*