Home / Actualidad / Valdoviño, Moeche e San Sadurniño aprobaron os seus orzamentos para 2017

Valdoviño, Moeche e San Sadurniño aprobaron os seus orzamentos para 2017

FERROL360 | Sábado 18 febreiro 2017 | 14:43

As corporacións de Valdoviño, Moeche e San Sadurniño aprobaron nas últimas horas os seus respectivos orzamentos para 2017. No caso de Valdoviño, as súas contas ascenden a 5,1 millóns de euros, mentres que as de Moeche sitúanse nos dous millóns de euros e as de San Sadurniño nos 2,7 millóns de euros.

O Concello de Valdoviño deu luz verde, sen ningún voto en contra, aos orzamentos deste ano que substituirán ós de 2014 e permitirán atraer e fixar poboación no municipio. Algunhas das actuacións previstas nas contas son abrir o Punto de Atención á Infancia-Aula da Natureza, o novo Centro Sociocomunitario e o primeiro Museo do Surf de España.

Tamén servirán as contas locais para poñer en marcha un plan de atención individualizado para as persoas dependentes e crear unha liña de axudas destinada a cubrir gastos necesarios nas familias con menos ingresos para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Asemade, reactivaranse os traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dotarase a Loira de local social e rehabilitarase o de Aviño. Potenciaranse a oferta de actividades culturais e deportivas e iniciarase a contratación do servizo público de cámping.

Os orzamentos, que ascenden a 5,1 millóns como estimación de ingresos e 4,9 millóns o total de gastos, foron votado favorablemente polo equipo de goberno do PSOE, tamén polo BNG e Centristas de Valdoviño. abstivéronse Unidos por Valdoviño e PP.

Orzamentos Moeche

O Concello de Moeche aprobou por unanimidade o orzamento para 2017, por importe de 2.032.005 euros. No apartado de ingresos inclúense as cantidades que o Concello percibirá con cargo ao Plan Único de Concellos POS+2017, que suman 370 819 euros, ademais das baixas que se produzan nos procesos de contratación de obras ao longo do ano.

Tamén se inclúen os 104.000 euros para investimentos no polideportivo municipal. En canto aos investimentos reais, a porcentaxe dos investimentos ascende a un 48 %, destinados a obras, vías e adquisición de térreos para infraestruturas.

O orzamento recolle partidas para o desenvolvemento de varias das propostas e demandas recollidas nas asembleas veciñais e un incremento das partidas específicas de Benestar Social, tanto en programación como no aumento de persoal para o Servizo de Axuda no Fogar, Cultura, deporte, promoción de feiras e emprego.

O Pleno tamén aprobou a moción para instar á Xunta de Galicia a esixir do Ministerio de Fomento os investimentos necesarios para garantir un servizo de tren de proximidade de calidade que responda ás necesidades da poboación e a solicitar do Estado español a transferencia desde servizo para integralo nunha de ferroviaria galega.

Orzamentos de San Sadurniño

San Sadurniño aprobou os seus os orzamentos de 2017 cifrados en 2.735.000 euros no apartado de gastos e de 2.695.000 no de ingresos. As contas saíron adiante cos únicos votos do goberno do BNG, mentres que o PP rexeitounas e o PSOE abstívose.

O BNG defendeu o documento como o mellor orzamento dos posibles, mentres que o PP o rexeitou por non consideralo nin saudable nin sustentable. O PSdeG-PSOE optou por absterse tanto neste como nos outros puntos do pleno.

Na sesión plenaria tamén se aprobou a distribución dos investimentos do POS+, que ascenden a 625.000 euros. Unha parte dos fondos -274.000 euros- se destinarán a gasto corrente mentres que outros 220.000 irán parar a tres macroproxectos viais como a pavimentación dos camiños da Fraga-Penalonga-AC861, o Cancelo-Vilaverde-Brame e outros.

Tamén se repararán as pistas A Veiga, As Calvelas, A Rega e outras e aos asfaltadosdos camiños do Xestal-Filgueiras, Lourido, Riolimpo-Vilarbó e outros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies