Home / Deportes / Valdoviño organiza cursos de vela no encoro das Forcadas en agosto

Valdoviño organiza cursos de vela no encoro das Forcadas en agosto

FERROL360 | Venres 27 xullo 2018 | 9:09

O Concello de Valdoviño vén de ampliar o prazo de inscrición nos cursos da campaña de vela 2018 da Deputación provincial da Coruña, que se celebrarán no encoro das Forcadas do 6 ó 10 de agosto. Están pensados para rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas.

Deste xeito, a rapazada interesada nos cursos debe formalizar a inscrición no Concello entregando a correspondente ficha, dispoñible tanto na web da Deputación da Coruña como do Concello ou presencialmente na Oficina de Turismo, debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. Ademais, terá que entregar unha foto de carnet, fotocopia do DNI e volante de empadronamento.

A cota de inscrición será de 25 euros. Nos cursos, que terán unha duración dunha semana a elixir entre a quenda de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, realizarase unha iniciación ós principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños.

A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies