Home / Deportes / Atletismo / Carreras populares / Valdoviño organiza unha nova edición da Milla Urbana en favor de Cáritas

Valdoviño organiza unha nova edición da Milla Urbana en favor de Cáritas

FERROL360 | Lunes 23 septiembre 2019 | 17:27

O paseo da Lagoa da Frouxeira será un ano máis o escenario da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Unha iniciativa con carácter solidario, xa que a recaudación será en favor de Cáritas, que este domingo 29 de setembro chegará á súa oitava edición.

O prazo de inscrición está xa aberto nesta web ata o xoves día 26 de setembro, ás 23:59 horas. Tamén se poden realizar as inscricións de forma presencial na Concellería de Deportes, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e na Oficina de Turismo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

A inscrición será gratuíta para os menores de 18 anos e terá un custe de tres euros para os maiores desa idade, a abonar o día da carreira. Así mesmo, haberá novamente o Dorsal 0, polo que as persoas interesadas poderán sumarse a esta causa abonando a cuota aínda que non participe.

O percorrido discurrirá ao longo do paseo da Lagoa da Frouxeira, nun circuito de ida e volta de iguais dimensións sobre o que se irán cubrindo as distancias de cada unha das categorías. De entre 100 e 1609 metros.

A saída estará sinalizada na caseta de socorrismo do areal e tamén será escalonada, partindo ás 11.00 horas. Organizada polo Concello de Valdoviño, conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Deputación provincial, Protección Civil de Valdoviño e Coca Cola.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies