Home / Eume / Pontedeume / Valdoviño, Pontedeume e San Sadurniño terán wifi de alta velocidade con axuda europea

Valdoviño, Pontedeume e San Sadurniño terán wifi de alta velocidade con axuda europea

Sede de la casa consistorial del Concello de Valdoviño (foto: Mero Barral / Ferrol360)

Sede da casa consistorial do Concello de Valdoviño (foto: Mero Barral / Ferrol360)

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 00:00

A Unión Europea comunicou a selección dunha vintena de concellos galegos para a instalación de wifi de alta velocidade e de balde en lugares públicos. Entre as localidades elixidas figuran Pontedeume, San Sadurniño e Valdoviño. En total, aparecen na súa listaxe ata 510 municipios de España e 3.400 de todo o continente a partir dunhas 10.000 solicitudes.

Recibirán axudas de 15.000 euros para financiar a instalación das conexións de rede de alta velocidade en espazos públicos cun mínimo de 30 megas. Os consistorios teñen un prazo de 18 meses para definir o proxecto de instalación e seleccionar os parques, prazas ou centros culturais que disporán desta prestación.

A iniciativa ten relación co programa Wifi4EU, cuxo obxectivo é crear milleiros de puntos de acceso de balde a redes de cara ao ano 2020 en lugares públicos de comunidades locais. O plan conta cunha asignación económica que acada un total de 120 millóns de euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies