Home / Deportes / Valdoviño programa clases de tenis, bádminton e básket para este curso

Valdoviño programa clases de tenis, bádminton e básket para este curso

FERROL360 | Domingo 25 septembro 2016 | 23:06

O Concello de Valdoviño xa ten aberto o prazo de inscrición nas primeiras actividades da programación deportiva deseñada para o curso 2016/2017. Así, a Concellería de Deportes ofrecerá clases de tenis, bádminton e máis baloncesto. Actividades dirixidas a nenos e nenas a partir de cinco anos e máis a adultos.

O edil de área, Sergio Saavedra, avanza que nas próximas xornadas ampliarase a oferta con outros deportes. As clases de tenis, bádminton e baloncesto desenvolveranse no pavillón municipal do Longoiro, na parroquia de Meirás, en horario de tarde. No caso do bádminton, comezará o luns 3 de outubro, namentras que tenis e o baloncesto, arrancarán o martes, día 4.

As persoas interesadas en tomar parte deben formalizar a inscrición na Concellería de Deportes –na casa consistorial, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres- ou ben chamar ó teléfono 626 46 5531.

As clases de tenis impartiranse martes e venres, aínda que con diferentes horarios segundo a idade dos alumnos. Os máis novos, de 19:00 a 20:00 horas os martes e de 18:30 a 19:30 horas os venres, e os maiores, de 20:00 a 21:30 martes e de 19:30 a 21:00 os venres.

As sesións de baloncesto terán lugar martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas e as de bádminton, luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies