Home / Sociedad / Ocio / Valdoviño programa laboratorios tecnolóxicos para os meses de verán

Valdoviño programa laboratorios tecnolóxicos para os meses de verán

FERROL360 | Luns 4 xullo 2016 | 9:52

Dentro da programación de verán do Concello de Valdoviño a administración local organiza diversos laboratorios tecnolóxicos para os meses de xullo e agosto. Obradoiros de teléfono móbil, realidade aumentada e holografía son algunhas das propostas.

A primeira das actividades será #Valdoviño2Q16. Terá lugar o 28 de xullo na Casa da Cultura de Valdoviño e os participantes deberán levar o seu teléfono móbil. Hai 20 prazas. O segundo dos obradoiros será de banda deseñada xaponesa e terá lugar o 29 de xullo tamén na Casa da Cultura. Neste caso, tamén se ofertan 20 prazas.

Valdotech, con demostracións de Makey, realidade aumentada e programación de videoxogos, desenvolverase os días 1 e 2 de agosto na Casa da Cultura. Para este laboratorio están dispoñibles 15 prazas. E por último, o obradoiro de holografía será o 3 e 4 de agosto. Ofértanse 10 prazas e é preciso leevar tablet ou portátil.

Estes laboratorios destínansen a mozos de entre 12 e 35 anos de idade empadroados en Valdoviño. Os interesados en participar nestas actividades, gratuítas, poden facer a súa preinscrición na Casa da Cultura ou no número 981.484.666, en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies