FERROL360 | Venres 14 outubro 2016 | 10:08
O Concello de Valdoviño vén de aprobar axudas municipais para a adquisición de material escolar por un importe de 3.295 euros. Un total de 21 alumnos beneficiaranse destas axudas que están destinadas a sufragar gastos de material escolar derivados da escolarización en Infantil, Primaria e Secundaria.
As subvencións varían en función dos recursos económicos das familias demandantes e poden chegar por estudante ata os 130 euros nos cursos de Educación Infantil, 120 para alumnado con necesidades de material de adaptación curricular e de 100 en Primaria e Secundaria.
Para poder recibir estas axudas é preciso que o menor solicitante esté empadroado en Valdoviño e curse os seus estudos no centro educativo do municipio ou nalgunha das escolas unitarias, así como dispor duns ingresos económicos limitados. É precisamente este último aspecto o que determina a cuantía da axuda.