Home / Cultura / Cine / VÍDEO | Ferrol Vello e Oscar Quant, protagonistas da segunda entrega de «Pa[i]saxes Musicais»

VÍDEO | Ferrol Vello e Oscar Quant, protagonistas da segunda entrega de «Pa[i]saxes Musicais»

FERROL360 | Luns 7 agosto 2017 | 13:44

Pa[i]saxes Musicais, a iniciativa audiovisual asinada por Juanpa Ameneiros e Xende Lopes coa colaboración da Sociedade Mixta de Turismo do Concello de Ferrol, vén de publicar a segunda entrega dos seus vídeos promocionais en diversos puntos da cidade, mesturando música local e recunchos dos que presumir.

Desta volta tocoulle ao recoñecido músico Oscar Quant, filmado no barrio onde vive, Ferrol Vello. Apoiado no peirao de Curuxeiras, Quant optou polo tema Late night shift como banda sonora a ducias de planos da vida mariñeira que xira ao seu arredor.

Como ocorre en todos os vídeos de Pa[i]saxes Musicais, na marxe da pantalla aparece información sobre o lugar. Logo do primeiro, Sandford Music Factory en Santa Comba, e deste de Quant, chegarán Klüte no Prior, Jamie Fifthring & The Coffee Breakers en Monteventoso, Bang74 en Canido e Pölisong no teatro Jofre completando as seis propostas.

Quant no peirao de Curuxeiras, nun fotograma do vídeo promocional (foto: Pa[i]saxes Musicais)

Quant no peirao de Curuxeiras, nun fotograma do vídeo promocional (foto: Pa[i]saxes Musicais)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies