Home / Actualidad / Villamar asegura que na vindeira lexislatura o BNG se centrará no servizo ás persoas

Villamar asegura que na vindeira lexislatura o BNG se centrará no servizo ás persoas

REBECA COLLADO | Narón | Martes 31 marzo 2015 | 14:44

Reforzar os servizos sociais para botar unha man ás personas que están atravesando unha situación difícil, rematar o Plan Xeral de Ordenación Urbana, elaborar un plan de mobilidade, facilitar a implantación de pequenos e medianos negocios e revalorizar o Mosteiro do Couto son algunhas das propostas que se incluirán no programa electoral do BNG-Asembleas Abertas de Narón.

O seu candidato á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, avanzou este martes algunhas das ideas que se recollen no programa e aproveitou tamén para facer balance do traballo que fixo o BNG nesta lexislatura ao fronte das áreas de Promoción Económica e Muller e Igualdade. Un balance marcado por dúas liñas: o mantemento dos servizos sociais e o saneamento das contas do Concello.

No capítulo económico, Villamar fixo fincapé na redución da débeta en case catro millóns de euros, a revisión dos padróns fiscais, a redución do gasto e a persecución do fraude. «Cando entramos no goberno os números eran preocupantes» pero agora «a situación económica do Concello de Narón é mellor». De feito, segundo Villamar o endebedamento está por debaixo do 35 %.

En canto ás servizos sociais, o candidato advertiu que non é momento de comprometer obras faraónicas, senón de «pór ás persoas por riba de todo» e «centrarnos nos servizos ás persoas». Nesta liña avanzou que incrementarán as bonificacións dos tributos para aqueles naroneses que estén a pasar dificultades económicas.

As xestións e negociacións coa Xunta de Galicia tamén será un cabalo de batalla para o BNG. Neste senso, Villamar indicou que pelexarán para que a administración autonómica asuma a xestión das tres escolas infantís que aínda están en mans do Concello e para que a Xunta cumpla o seu compromiso no ano 2008 co centro de saúde.

Vivenda, emprego e patrimonio

O programa do BNG-Asembleas Abertas tamén contempla actuacións en materia de mobilidade, conservación do patrimonio, fomento da formación para persoas desempregadas e acceso á vivenda. Neste último caso, propoñen que o Concello medie entre construtores e veciños con dificultades para que os primeiros den saída aos pisos baleiros e os segundos podan acceder a unha vivenda, en réxime de aluguer ou compravenda.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Un comentario

  1. Pódeche caer mellor ou peor, pero o certo é que Pablo Villamar é un tipo sensato e que, ademais, está a facer un traballo decente no concello.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies