Home / Cultura / Visitas guiadas de balde en Afundación de Ferrol polo Día Internacional dos Museos

Visitas guiadas de balde en Afundación de Ferrol polo Día Internacional dos Museos

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 15:07

Afundación celebrará este mércores o Día Internacional dos Museos promovendo visitas guiadas de balde nas mostras que ten abertas nos seus diferentes recintos expositivos. Desenvolve esta iniciativa baixo o lema «Museos e paisaxes culturais», tendo lugar esas visitas ás 19:30 horas en todas as sedes.

No caso de Ferrol, o inmoble do antigo Goberno Militar na praza da Constitución mantén a disposición dos visitantes a mostra «Heroes animados». Aborda o proceso de deseño e creación de personaxes nas obras de animación, partindo do traballo do coñecido Grangel Studio, reflectido en filmes como «O príncipe de Exipto», «Spirit» ou «A noiva cadáver».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies