Home / Eume / As Pontes / Workshop de traballo deportivo canino esta fin de semana nas Pontes

Workshop de traballo deportivo canino esta fin de semana nas Pontes

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 16:00

O grupo de traballo Do Zarzallo organiza os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio un workshop de traballo deportivo na Faeira, As Pontes. O evento contará coa presenza de Jan Böhm, campión da República Checa de IPO do Pastor Belga Malinois.

Desde a organización salientan que Böhm é un adestrador de referencia en IPO a nivel mundial e é a primeira vez que viaxa a España para impartir un curso de adestramento. Con este evento, o Grupo de Traballo Do Zarzallo trata de estender e facer máis coñecido o IPO en Galicia.

Así, explican que o IPO é unha modalidade de adestramento canino rexistrada dentro da Real Sociedade Canina de España -RSCE-, que consta de tres niveis de dificultade e os tres comparten tres apartados diferentes. Cada can debe realizar unha proba de rastrexo, outra de obediencia e unha última de protección.

O seminario que se vai a levar a cabo esta fin de semana de maio centrarase na protección e participarán un total de once adiestradores. Xunto aos seus cans, aprenderán as técninas de traballo deportivo do adestrador checo. Ademais, intervirán cans de diferentes razas, tales como pastor alemán ou dóberman.

O Grupo de Traballo Do Zarzallo é un grupo de adestramento canino e grupo colaborador da Real Sociedade Canina de España. Foi o primeiro grupo oficial de Mondioring en Galicia e o primeiro e único de España en titular a un dóberman en Mondioring 3, o grado máis alto desta modalidade de adestramento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies