Home / Cultura / Xa está aberto o prazo de prematrícula na Escola de Música de Ortigueira

Xa está aberto o prazo de prematrícula na Escola de Música de Ortigueira

FERROL360 | Sábado 8 xuño 2019 | 18:14

Os nenos e nenas de Ortigueira que queiran acudir a Escola de Música de Ortigueira xa teñen aberto o prazo de prematrícula para o vindeiro curso escolar 2019/2020 e que remata o vindeiro día 28 de xuño.

O centro imparte as asignaturas de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Conxuntos Instrumentais e Vocais e Dirección, Harmonía e Análise e Historia da Música así como o propio ensino dos diferentes instrumentos musicais como son os de corda, folk, percusión, piano, vento-madeira e vento-metal.

A idade mínima para acceder ao centro é de tres anos. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición na prematrícula. Terán preferencia os alumnos e alumnas xa matriculados en cursos anteriores.

Para poder anotarse pódese facer de dúas formas, a través deste enlace web, ou senón en persoa a través da propia secretaría do centro situada na rúa Reverendo Márquez Cortiñas

A Escola de Música de Ortigueira comenzou a súa andaina no ano 2000 e desde entón desenvolve un labor orientado a fomentar a afección musial entre os nenos e nenas e a consolidala nos adultos.

Ademais, tamén leva a cabo programas sociais como «Música para a vida», organiza concertos e impulsa as agrupacións que naceron na escola,
como a banda, os coros, o combo, o conxunto tradicional ou os grupos de acordeóns e de cámara.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*