FERROL360 | Sábado 28 marzo 2015 | 13:47
A Deputación da Coruña pon en marcha o servizo de transporte e atención a visitantes no Mosteiro de Caaveiro durante as datas de Semana Santa. Así, os visitantes poderán elixir entre deixar o seu coche na entrada das Fragas do Eume para subir ata o monumento ou acudir a As Neves e estacionar no aparcamento da Ventureira.
O servizo de transporte prolongarase ata o 6 de abril, mentres que a temporada estival se adiantará ao 20 de xuño e rematará o 6 de setembro. O horario dos autobuses dende o centro de interpretación de As Fragas do Eume é de 10:30 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas, cunha periodicidade dunha hora. A saída será dende o Centro de Interpretación e se farán paradas na ponte de Caaveiro, no parque natural, no merendeiro, na ponte primeira e na ponte segunda.
No caso da saída dende as Neves, a base estará situada na Casa da Cultura e se fará unha primeira parada no portal de Estoxa, onde os visitantes poderán recibir información turística da zona como o museo etnográfico de A Capela, o parque de O Sesín, a vella central eléctrica da Ventureira, as propias Fragas ou as distintas rutas a Caaveiro. Precisamente a seguinte parada será no museo etnográfico, onde se pode iniciar unha ruta ao mosteiro por O Pazo ou visitar o centro.
A seguinte parada será no parque etnográfico, en Gunxel, onde se pode gozar dunha vista de Caaveiro e iniciar outra ruta distinta. Por último, a cuarta parada será no aparcamento da Ventureira.
Servizo de atención a visitantes
No que respecta á atención a visitantes a través de rutas guiadas, os horarios serán os seguintes:
En Semana Santa, dende hoxe ata o 6 de abril, de 11:00 a 19:00 horas todos os días da semana, incluídos domingos e festivos.
A partir do 10 de abril e ata o 21 de xuño, atenderase aos visitantes entre as 11:00 e as 18:00 horas os venres, sábados, domingos e festivos, mentres que en verano, entre o 27 de xuño e o 13 de setembro a atención fixarase todos os días entre as 10:30 e as 14:00 horas pola mañá e entre as 16:00 e as 20:00 horas polas tardes.
Finalmente, desde o 18 de setembro ata o 27 de decembro, retomarase este servizo os fines de semana e días festivos entre as 11:00 e as 19:00horas.