Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / Xa están á venda os tickets para asistir á Alteada de Xuvia do vindeiro 22 de xullo

Xa están á venda os tickets para asistir á Alteada de Xuvia do vindeiro 22 de xullo

FERROL360 | Martes 10 xullo 2018 | 15:31

O Concello de Narón en colaboración coa AVV Altea de Xuvia organizarán a vixésima edición da Alteada que se celebrará o vindeiro 22 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. As entradas xa están á venda e prazo para mercalas remata o 19 de xullo.

O menú estará composto de produtos da ría como ameixa rubia á mariñeira, paella, sobremesa e bebidas a prezos populares. Ademais, este ano se conmemora a segunda edición da Festa de exaltación da ameixa
rubia.

Tamén haberá haberá música en vivo nun evento no que colaboran distintas asociacións como o Club Narón Gastronómico e Confraría de Pescadores de Barallobre, que subministrará a ameixa rubia para a Alteada 2018.

As personas interesadas en acudir a esta cita gastronómica xa poden recoller os tickets no local social da citada AVV, de luns a venres, en horario de 09:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies