Home / Actualidad / Xa están en marcha as obras do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño

Xa están en marcha as obras do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño

Obras no futuro Centro Sociocomunitario de Valdoviño (foto: Concello de Valdoviño)
Obras no futuro Centro Sociocomunitario de Valdoviño (foto: Concello de Valdoviño)

FERROL360 | Domingo 9 xuño 2019 | 18:05

O antigo mercado municipal de Valdoviño acollerá nuns meses o primeiro Centro Sociocomunitario do Concello. As obras, que xa están en marcha, teñen como obxectivo a rehabilitación integral do espazo do mercado para usos sociais.

As dependencias sitúanse á entrada da parroquia de Valdoviño, na estrada de Cedeira, e na área de influencia do Centro de Saúde, do Auditorio, do Museo do Surf e da Casa da Cultura.

Na actualidade o local está en desuso e destinado como almacen municipal. Nembargantes, trala xubilación da titular do único negocio que durante anos ocupou o inmoble permite a súa reforma e rehabilitación.

Aínda que alberga as dependencias da Garda Civil e do Xulgado de Paz, a maior parte da súa superficie, noutrora mercado será reformada despois da segunda fase das obras.

A primeira e a segunda fase do proxecto contemplan, a grandes rasgos, ampliar a superficie útil. Para conseguilo cubrirase a zona dos soportais así como a demolición das escaleiras de acceso e a construción dunhas novas. A idea é comunicar a nova planta baixa coa primeira mediante un ascensor.

A edificación destinarase a usos sociais, asociativos, de ocio, culturais e mesmo deportivos. Tamén será un espazo de encontro, reunión e actividade para os veciños e veciñas. Compatibilizará estes usos coa celebración de charlas divulgativas e accións formativas.

O orzamento da primeira fase das obras conta cun orzamento superior aos 236.000 euros nos que colaboran a Xunta e o Concello ao igual que na segunda fase.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies