Home / Cultura / Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre presentan en Narón novo traballo, ‘Noró’

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre presentan en Narón novo traballo, ‘Noró’

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre (foto: Padroado da Cultura de Narón)
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre (foto: Padroado da Cultura de Narón)

FERROL360 | Xoves 13 decembro 2018 | 10:04

Pandeiretas e adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas. O novo traballo de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturauxo.

Acompañados por Gutier Álvarez, zanfona e violín, e Javier Álvarez, acordeón diatónico, presentan novo traballo que leva por título Noró. Un novo porxecto preparado para invadir con muiñeiras e pasodobres os teatros e festivais do mundo.

Subiranse ao escenario do Pazo da Cultura de Narón este sábado a partir das 20.00 horas. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para público xeral e de 6,65 euros para abonados, desempregados ou carne xove ou de estudante, ata 25 anos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*