Home / Cultura / Xaime López, A nena e o grilo: «A cultura infantil está collendo o peso que merece»

Xaime López, A nena e o grilo: «A cultura infantil está collendo o peso que merece»

RAÚL SALGADO / FERROL360 | Ferrol | Luns 31 agosto 2015 | 10:49

Derradeiro día das Festas de Ferrol. Este luns ten sabor a despedida de verán, unha mistura de tristura e ilusión. O curso escolar fica á volta da esquina e as vacacións xa non dan moito máis de si. Pero ben é certo que temos unha boa traca final preparada para pechar agosto coa praza de Amboage coma protagonista.

Á tradicional ofrenda ao Marqués ás 12:00 horas, o acto de presentación das Meninas de Canido ás 18:30 horas e o musical A nena e o grilo van de festa! a partires das 21:00 horas. Ademais, os Fogos de San Ramón encherán o ceo de luz, cores e pólvora dende as 23:30 horas na Ensenada de A Malata.

O Concello de Ferrol tivo claro dende un principio que facía falta xuntar á xente nas rúas do centro dende a tardiña, con opcións para toda a familia, nun día de festa laborable que non se presta moito para quedarse até moi tarde.

A proposta de Normalización Lingüística para este luns para por un espectáculo que gusta a pequenos e maiores: A nena e o grilo van de festa!. Falamos cun dos responsables do evento, o directo da cooperativa Urdime, Xaime López, poucas horas antes de que se escoite o cri cri en Amboage ou, se a choiva non o permite, nun recinto pechado.

FERROL360 – Chegades a Ferrol cunha montaxe de preto dunhas 20 persoas e, ademais, con convidados de luxo como Uxía Senlle. Unha aposta moi forte, non si?
XAIME LÓPEZ – Da anterior volta, coa primeira entrega de A nena e o grilo, fomos o espectáculo infantil con maior repercusión no ano 2014, con máis de 200 funcións. Trátase dun espectáculo un pouco especial porque reúne a diferentes músicos do panorama infantil nesta xira nova, pero é moi semellante á anterior.

360 – Cales son as principais diferenzas entre as dúas montaxes?
XL – É un efecto diferencial a presenza de músicos convidados e de actores, como Ignacio Vilariño ou os membros dos Ghazafellos. Tamén desta vez hai elementos xigantes para interactuar coa xente. Adaptamos o formato ás cidades, ás festas grandes.

360 – E ides obtendo éxito tras éxito…
XL – Sáese do común. En Pontevedra reunimos a unhas 5.000 persoas na Alameda, en Compostela A Quintana tamén estaba ateigada… temos moitos fans que van seguindo o espectáculo de vila en vila.

360 – Podemos falar entón dunha recuperación desa cultura infantil e en galego nestes últimos tempos?
XL – A cultura infantil está collendo o peso que merece. Galicia pode presumir de ser o produtor musical máis potente do Estado neste senso. Hai grupos de calidade infinita, como o propio Magín Blanco, promotor de A nena e o grilo, pero tamén hai un mercado potentísimo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies