Home / Cultura / Xantar popular, magosto e Baile 100 % con Os Cempés este sábado en San Sadurniño

Xantar popular, magosto e Baile 100 % con Os Cempés este sábado en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 3 novembro 2015 | 17:57

Que sería dunha boa festa sen a prefesta, e? Que Santa Sabela pasa moi rápido e aos veciños de San Sadurniño non lles da para desfrutala a tope? Pois nada, argallan unha boa canfurnada previa e, de paso, teñen a escusa de preparar a festa grande.

O colexio do municipio acollerá este sábado a cita que organiza a Comisión de Festas de Santa Sabela dende ás dúas da tarde, comezando cun xantar popular a base de empanada, lacón asado, cachelos, bebida, postre e café.

Despois, a partires das 17:30 horas, tócalle a quenda ao baile. Haberá obradoiro impartido por Os Cempés, no que os participantes poderán aprender sinxelos pasos de valses ou muiñeiras ao ritmo da música en directo do grupo ferrolterrán.

Ás 19:00 horas haberá degustación de castañas e unha hora despois Baile 100 % con Os Cempés para pór en práctica o aprendido pola tarde.

Para asistir ao evento hai á venda vales de 14 euros que inclúe o xantar, o magosto e o baile; tamén a 5 euros só co magosto e o baile. Os nenos menores de 14 anos entran de balde.

Os tiques poden mercarse en Atrium, Mesón A Granxa, Café Dzine, Mesón O Ferrador, Café Bar Santos e Café Bar Del Palacio. Ou tamén chamando a 679 459 016 (Luis) ou 606 762 070 (Pedro). No caso de querer ir só ao magosto e ao baile non é necesario reservar e os tiques poderán collerse alí no momento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies