Home / Ferrol / Narón / Xogos e obradoiros gratuítos para os peques nunha nova edición de O NARÓNiño

Xogos e obradoiros gratuítos para os peques nunha nova edición de O NARÓNiño

FERROL360 | Luns 15 abril 2019 | 9:25

O Concello de Narón organiza unha nova edición, a terceira, de O NARÓNiño coincidindo co período vacacional de Semana Santa. O pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá o evento os días 19, 20 e 21 de abril con diversión asegurada para os peques da casa.

As persoas que desexen asistir –a entrada é de balde- poderán facelo durante os tres días de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Haberá dúas zonas exclusivas para nenos e nenas de entre dous e catro anos, onde poderán xogar con Playmobil 123 e Carrera Go First, nunhas pistas especialmente deseñadas para nenas e nenos desas idades e cos Junior Rolly Toys, sobre construcción.

O resto de menores, de maior idade, poderán tamén gozar de propostas como Carrera, con pistas de escalextric, Playmobil, Superzings, e os Rolly Toys. Os participantes optarán a varios agasallos, da man de Superzings, e tamén se repartirán diplomas aos nenos e nenas nas zonas de xogo.

A exitosa proposta dos obradoiros Menuda Cociña chegará de novo esta Semana Santa a O NARÓNiño, donde os nenos e nenas poderán convertirse por un tempo en grandes chefs coa axuda dos monitores. A proposta, ofrecerá un total de 160 prazas cada día, para as que é preciso inscribirse previamente, pero xusto antes do inicio de cada unha das quendas, que serán en horario de mañá e tarde.

Pola mañá serán de 12.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.00 a 18.00; de 18.00 a 19.00 e, o último, de 19.00 a 20.00, cun máximo de corenta prazas para cada un deles, repartidas en dous obradoiros simultáneos.

Haberá tamén un pequeno espazo cun photocall, donde os asistentes poderán inmortalizar a súa asistencia a esta nova edición de O NARÓNiño, donde tamén haberá figuras xigantes de Playmobil e vitrinas con dioramas.

Os pais e nais, titores ou adultos responsables dos nenos e nenas non poden esta na zona delimitada de xogo pero deben estar obrrigatoriamente dentro do recinto cos menores. Así mesmo, está prohibida a entrada de animais de compañía ao pavillón polideportivo Campo da Serra e tamén comer dentro da zona de xogo.

Por último, desde o Concello indicouse a obrigatoriedade de cumprir as indicacións que en cada momento marquen os monitores das diferentes actividades, para o correcto desenvolvemento desta convocatoria.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies