Home / Ortegal / Cerdido / Xornada de portas abertas no CEIP da Barqueira, que exhibirá un museo etnográfico

Xornada de portas abertas no CEIP da Barqueira, que exhibirá un museo etnográfico

FERROL360 | Xoves 22 febreiro 2018 | 14:07

O CEIP da Barqueira, en Cerdido, celebra este venres unha xornada de portas abertas na que exhibirá o museo etnográfico que o alumnado está construíndo dentro do programa ‘Coñeces Cerdido?‘. A actividade será en horario de 12.00 a 14.00 horas.

A directora do centro, Lidia Casal, explica que «levamos un tempo montando e creando un auténtico múseo etnográfico con todo tipo de obxectos, utensilios, fotografías e materiais antigos que se utilizaban no Concello de Cerdido anos atrás».

Dentro da celebración do ano bibliotecas escolares ‘Aprende a Pensar’, o centro organizou a semana da ciencia e este venres realizarán unha exposición dos experimentos realizados polo alumnado e o profesorado.

Casal anima a todas as personas interesadas a acudir ao centro educativo e sinala que «aproveitando a visita, poderán visitar o múseo sobre o cal os máis maiores do cole farán de guías turísticas».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*