Home / Actualidad / Xuntanza do Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22 para avanzar nos seus obxectivos

Xuntanza do Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22 para avanzar nos seus obxectivos

FERROL360 | Luns 23 maio 2016 | 19:30

Os alcaldes dos 22 concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22 reuníronse este luns en Naron para abordar a convocatoria realizada pola Xunta de Galicia para a xestión dos fondos Leader 2014-2020.

Unha xuntanza presidida polo alcalde de Ferrol e presidente da entidade, Jorge Suárez, á que asistiron rexedores das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e dos concellos de Miño e Vilarmaior, ademais do edil de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, o xerente de Euroeume, Miguel Teixido e a presidenta de Costa Noroeste, Natividad González.

O colectivo acordou celebrar unha asemblea xeral na segunda quincena de xuño para aprobar e contactar con todos os sectores que integran o citado grupo para establecer un plan estratéxico definitivo, aberto á participación de novas entidades que se integren neste proxecto.

No transcurso da xuntanza recordouse que a xestión dos fondos comunitarios debe ser conveniada con asociacións de desenvolvemento rural e unha das 24 entidades que optan aos mesmos é a que abrangue os concellos reunidos hoxe.

Plan estratéxico

Na actualidade Seitura 22 está elaborando un borrador do plan estratéxico que permita a finais de ano, unha vez perfilado por completo, conveniar coa Xunta os fondos para desenvolvemento rural e xestionalos durante un periodo que previsiblemente rematará en 2023, tal e como se indicou.

O colectivo realizará un plan de acción «o máis participativo posible», para o que xa se convocaron unha serie de xuntanzas con empresarios de turismo e do sector agroforestal e institucional, entre outros, para abordar o estado da situación, realizando un diagnóstico da zona.

A continuación determinaranse os obxectivos que permitan elaborar un plan estratéxico definitivo que se presentará á Xunta e ao que se lle concederán uns fondos europeos, cuxa contía está aínda por determinar.

Desde Seitura 22 confíase en que segundo as previsións actuais, a principios de 2017 estean operativos os programas de desenvolvemento de Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies