FERROL360 | Luns 8 xaneiro 2018 | 11:40
Os representantes das comparsas de Narón e doutros concellos da comarca están chamados a participar este luns nunha xuntanza para abordar as bases do Festival de Entroido.
A presidenta do Padroado da Cultura de Narón e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, convidou aos representantes das comparsas interesados en participar no Festival de Entroido que se organiza na cidade a acudir a esta convocatoria, onde recibirán información sobre a normativa de participación.
Ferreiro anunciou que a reunión cos representantes das agrupacións terá lugar este luns a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura.