FERROL360 | Mércores 1 xuño 2016 | 18:21
Os alumnos do IES Canido aprenderon un chisquiño máis da historia da música en galego dos últimos 5 anos da man dun dos máximos expoñentes da historia do rock galego, Xurxo Souto. O polifacético músico, profesor e escritor impartiu este martes unha charla aos rapaces dentro do «Proxecto Gz. Música na Filial».
Con varios libros e discos no seu haber, Xurxo Souto reflectiu a relación do idioma galego e o rock, pois ambos foron da man nunha época no que facer determinados estilos musicais en galego era pouco frecuente ou case inexistente. Os alumnos plantexaron as súas preguntas e así aprenderon un pouco máis da relación do idioma galego e o rock.
O «Proxecto Gz. Música na Filial» pretende achegar aos cativos o idioma galego a través da música.