Home / Actualidad / Yolanda D?az: ?O PP ten nas s?as mans a ferramenta para evitar a convulsi?n social en Ferrol?

Yolanda D?az: ?O PP ten nas s?as mans a ferramenta para evitar a convulsi?n social en Ferrol?

RA?L SALGADO | @raulsalgado | Santiago de Compostela
S?bado 30 novembro 2013 | 14:58

Recibe Yolanda D?az na biblioteca do Parlamento de Galicia. ? o seu recuncho favorito do hist?rico inmoble, ap?rtalle a tranquilidade que precisa en momentos decisivos. Cada noite, regresa ? s?a casa de Ferrolterra. As poucas veces que chega a horas con actividade na r?a, comproba a crise da comarca. Observa a proximidade dunha convulsi?n social na bisbarra polo drama do sector naval, que co?ece dende cativa.

FERROL360. Yolanda D?az ? unha muller de Fene, pero moi ferrol?. A situaci?n non ? a mesma en Navantia Ferrol fronte a Navantia Fene.

Yolanda D?az. Non ? a mesma, por vocaci?n pol?tica. Tomouse unha decisi?n no ano 2004, coa creaci?n dunha empresa que agora se chama Navantia, cunha reserva tan s? do 30 % para tarefas civ?s. En Fene os traballos que sempre se fixeron ben foron os que te?en que ver coa rama civil, hai unha dualidade. Estivemos en contra dese proceso porque limitar s? ? construci?n militar era tanto como dicir que o seu futuro era ning?n.

A nosa Defensa era moi dif?cil que estivera anovando a s?a frota. Hai moita m?is actividade no conxunto de Europa na materia civil, ? vital Navantia Fene. Se nos contestou por parte do Goberno central, por primeira vez, que est? disposto a volver a negociar con Europa para impedirnos constru?r civilmente. Se quixera defender ao naval como estrat?xico, deber?a prover ao estaleiro de plantilla e dos medios materiais que precisa.

Ma?? non poder?amos facer nada, porque non est? dotado. Todos os economistas est?n dicindo que precisamos profesionalizar o sector naval, que todas as compa??as auxiliares aporten valor engadido. Hai que rachar ese modelo. A Conseller?a de Industria ti?a que xogar alg?n rol, cousa que non est? a facer. Mesturemos a Universidade cos propios estaleiros para traballar en factores altamente tecnol?xicos. O PP non vai por este cami?o.

FERROL360. Representantes do PP estiveron este xoves en Madrid e volveron coas mans baleiras e, sobre todo, cunha sensaci?n de que non hai af?n por aportar respostas concretas sobre o naval. P?dense agardar do Plan Estrat?xico de Navantia despedimentos, peche de estaleiros e, incluso, privatizaci?ns, como alertan os sindicatos?

Y. D. Sen lugar a d?bidas. O descurso do alcalde de Ferrol ? falsario en termos pol?ticos. Se ? unha acci?n da comarca na que se sit?a na defensa dos intereses colectivos, sen sesgo partidario, hai que aunar a todos. Fixo un encontro de cargos p?blicos, sesgo que non comparto. O PP do se?or Rey Varela ? o mesmo do se?or Feijoo e do que designa aos cargos de Navantia e da SEPI.

Que se aclaren, o que hai que facer ? remover eses postos. O PP en bloque votou en contra do dique flotante no Congreso, non nos van enganar. Os alcaldes, cando saen en defensa da s?a xente, te?en que ir cos traballadores. Non se fai iso e d? certo desleixo mesturarse cos traballadores. Eses c?nticos que profer?an ?an dirixidos contra os sindicatos de clase, ? unha aberraci?n.

Esa manifestaci?n cando menos sorprendente ten un car?cter absolutamente falsario. Te?en a ferramenta, se est?n manifestando contra si mesmos. Comprendo que te?en que vender algo, pero non ? crible.

FERROL360. O presidente da Xunta propuxo esta semana que se poida introducir alg?n tipo de uso alternativo nas instalaci?ns de Navantia Fene. Que se pode facer nesa superficie?

Y. D. O Plan Estrat?xico vai supo?er a fin da construci?n naval. Non s? porque plantexe o despedimento do 50 % das plantillas e o ataque brutal aos dereitos laborais conquistados, sen?n porque hai unha estratexia deliberada para renunciar a un sector estrat?xico. Na econom?a galega ? estrat?xico. Te?en claro que non queren continuar por esta senda, est?n negociando con Europa.

O Estado non vai facer cousas que aporten valor engadido, sen?n man de obra barata. O se?or Feijoo algo ti?a que dicir despois dun rosario de mentiras. Houbo unha estafa electoral, porque eu sei que moitos votantes da comarca de Ferrolterra votaron ao se?or Feijoo na confianza de que era posible este tema do sector naval. Navantia Ferrol-Fene non d? perdas, sab?molo hai tempo, pero introducir o debate ? absolutamente perigos?simo.

Xur?dicamente non ? as?, computa o grupo. Que ? o que quere facer, segregar? Que fale claro. Estamos dispostos a estudar alternativas. O que ? un desastre ? que a Xunta ten como fillo predilecto a Gas Natural Fenosa, pero non poden contratar gaseiros porque non nos presentamos aos procesos. ? tal o desleixo que estamos sen ningunha soluci?n, levamos aqu? un ano.

Temos o 32 % de desemprego, o ?nico futuro que lle queda ? comarca ? a convulsi?n social. Cando non hai para darlle de comer aos fillos, a xente est? disposta ao que sexa. O PP ten nas s?as mans a ferramenta para evitar a convulsi?n, non o est?n a facer. Poden rectificar se queren cos gaseiros, pero non o van facer.

(foto: AGE)

(foto: AGE)

FERROL360. Os sindicatos falan desa mesma convulsi?n social e hai quen di que Ferrol pode ?deixar de existir?, porque perda toda a s?a base de poder econ?mico. Que ? o que pode pasar en Ferrol?

Y. D. Isto, non hai sa?da. Eu chego pola noite a durmir ? mi?a casa, pero os poucos d?as que chego cedo e vou ? compra esc?itanse os pasos. Ferrol non ten futuro. Temos o monocultivo, non hai nada m?is que isto. Estan condeando ? comarca enteira ? fame, a emigrar. Queda o combate profundo. A xente que non ten nada que perder vaise botar brutalmente ? r?a. Est? nas mans dos poderosos evitalo.

Te?en que rodearse de polic?as porque saben que as s?as pol?ticas matan. Nas s?as mans est? a ferramenta para evitar iso. O sector naval ten outras variables, ? certo, pero hai pol?ticas activas de emprego que o Goberno est? disposto a recurtar.

FERROL360. Que vai ocorrer co flotel para Ferrol?

Y. D. Non o sabemos. Nos dixeron que hab?a uns contratos asinados, pero o propio director de Pemex dixo que non hab?a contratos. Supo?emos que van cumprir as regras do xogo. Se son un dos que se presenta ao concurso e se adxudican a Galicia, quedo sorprendido. Vai haber un flotel, como dixo Soria? Non o sei. Para Navantia Fene-Ferrol pintan moi mal as cousas.

Se Pemex a prezo de ganga merca unha empresa quebrada, ser? para facer o flotel en Vigo. Nin os dous floteis arranxan o problema do naval galego. A xornada dos traballadores de Navantia est? en torno a 1.700 horas anuais. Din que hai traballo para 3.000 persoas, pero ser?a para moito para 500 un ano. En Vigo, o mesmo. ? grav?simo que sabendo a situaci?n de desesperaci?n estean dispostos a calquera cousa con tal de salvarse a si mesmos.

Os comit?s hai un ano que lle pediron unha entrevista a Feijoo. Ofrecinme de interlocutora, pero te?en medo. Non se atreven, porque saben que non te?en nada que ofrecer. Non se pode xogar co pan da xente.

FERROL360. AGE ten viabilidade ante unhas elecci?ns municipais?

Y. D. Eu desexo que si. Esquerda Unida rematou a s?a asemblea cunha aposta clar?sima por AGE, pero faltan a?nda moitas m?is voces. Neste proceso de emerxencia social brutal, a ?nica maneira de que n?s perdamos ? indo desunidos. Non depende de n?s, depende dun proceso democr?tico. Esquerda Unida traballa para isto.

FERROL360. Yolanda D?az poder?a repetir como candidata ? alcald?a de Ferrol?

Y. D. Xa digo que non, nin de broma. Non ser?a nin correcto nin se me pasa pola cabeza. Vou traballar para que te?amos a alcald?a, por suposto. Traballarei como unha tola, pero non se me pasa pola cabeza.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies