Home / Ferrol / Cedeira / Zumba, manualidades, pinturas e baile en Cedeira para animar o inverno

Zumba, manualidades, pinturas e baile en Cedeira para animar o inverno

O taller de Tapices de Cedeira ten todas as plazas ocupadas. (foto: Concello de Cedeira)
O taller de Tapices de Cedeira ten todas as plazas ocupadas. (foto: Concello de Cedeira)

Ferrol | Martes 5 febreiro 2019 | 20:23

O Concello de Cedeira enche o inverno cunha serie de actividades gratuítas que, ademais de impartirse na vila, se trasladarán ás parroquias de Esteiro, Montoxo, Santalla e este ano, por primeira vez, tamén á de San Román. O programa é moi variado e inclúe dende pintura, manualidades, obradoiro de tapices ata memoria e ximnasia terapéutica. O taller de tapices será o único que só se faga na vila, polo de agora.

A selección destes cursos veñen trala gran acollida por parte da veciñanza, que teñen lista de espera, en especial, no taller de tapices. A ampliación do programa por parte do Concello ademais de incluir a incorporación da parroquia de San Román ten a intención de incorporar completar clases de baile activo-zumba, que darán comezo un pouco máis adiante.

Os horarios das actividades é o seguinte: o taller de pintura en Cedeira nas Sindicais é os luns e martes de 10:00 a 13:00 horas, os mércores de 18:30 a 21:00 horas e os xoves de 19:00 a 21:30 horas. Namentres, no Colexio Nicolás del Río serán os venres, entre as 16:00 e as 18:00 horas.

En Santalla, as clases de pintura terán lugar os mércores de tarde de 16:00 a 18:00 horas. En Montoxo serán os venres de 18:30 a 21:30 horas, e en San Román os venres pola mañá, de 10:30 a 12:30 horas. Por outra banda, as manualidades levaranse a cabo en Cedeira na praza da Reitora os martes e os venres en horario de 19:00 a 21:00 horas.

O taller de memoria tamén será na vila, pero neste caso na biblioteca da cafetería do auditorio os seguintes días, luns e venres entre ás 16:00 e ás 17.30 horas. Namentres que en Esteiro-Saa, os mércores e xoves ás 16:00 horas da tarde e en Esteiro-Sisalde, os martes ás 16:00 e mércores ás 17:15 horas.

Na parroquia de Montoxo o taller de memoria terá lugar os martes e xoves ás 17:15 horas e en Santalla os martes e xoves ás 18.30 horas. A última parroquia na que terá lugar o taller de memoria é en San Román os luns e os venres a partires das 17:30 horas.

Os días das clases da ximnasia terapéutica en Cedeira serán na biblioteca da cafetería do auditorio todos os martes ás 11.00 horas. En Esteiro tamén terán lugar os martes ás 09.45 horas. Por outra banda, en Montoxo, San Román e Santalla serán os xoves ás 9:30, 10:45 e 12:00 horas, respectivamente.

Comentar que todas as actividades son gratuítas e as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 482 187 para conseguir máis información.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies