Home / Ferrol / Cedeira / A música de Guadi, «Galego a flor de pel» polas Letras

A música de Guadi, «Galego a flor de pel» polas Letras

A cedeiresa colabora na iniciativa da ASCM (foto: Agadic)

FERROL360 | Sábado 16 maio 2020 | 10:55

A Asociación Sociocultural ASCM festexa dende Ferrolterra este Día das Letras Galegas coa montaxe audiovisual «Galego a flor de pel», na que ten un papel crucial outra Galego, a cedeiresa Guadi. A artista acompaña co seu tema «Recoñecéndome» un proxecto co que se quixeron «gravar na pel palabras para fomentar o emprego» do galego en todos os eidos.

O lema, «ser galego deixa pegada, marca»; a súa base, fotografías enviadas por persoas de toda Galicia. A cantante, segundo a entidad, afirmou que lle «emociona cando se emprega a música para estes proxectos». O colectivo agradeceu a súa «xenerosidade ao ceder para a realización da peza conmemorativa» esta canción.

O seu equipo de Voluntariado Inclusivo estivo detrás dunha medida para que a «cultura non pare» en xornadas da crise da Covid-19. O vídeo será publicado nas vindeiras horas nas súas redes sociais en coincidencia coa homenaxe do Día das Letras Galegas ao intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies