Home / Ferrol / Ferrol / A Sociedade Galega de Historia Natural cumpre 40 anos en Ferrol

A Sociedade Galega de Historia Natural cumpre 40 anos en Ferrol

FERROL360 | Domingo 13 enero 2019 | 13:19

A Sociedade Galega de Historia Natural está de cumpreanos. Este domingo 13 de xaneiro fai 40 anos dunha reunión que se celebrou en Ferrol por parte da Sociedad Deportiva Galiano de Canido para presentar a SGHN ao público ferrolá. Aínda que a sociedade naceu como Grupo Ornitolóxico Galego en Santiago de Compostela en 1973, non foi até 1979 que se presentou, tal e coma o colectivo que se coñece hoxe en día.

A SGHN non mostra signos de cansanzo nos seus corenta anos de existencia e segue cumprindo os seus obxectivos de coñecer, divulgar e protexer o noso patrimonio natural. Ferrol foi a primeira delegación das catro que ten a sociedade en Galicia e foi constituida en 1979.

En palabras de Xan Rodríguez Silvar, Delegado en Ferrol da SGHN a traxectoria de catro décadas «non foi doada nin para a Delegación de Ferrol nin para o medio ambiente galego, o seu obxecto de existir. Por desgraza, algúns temas como o lume, a perda de biodiversidade e outras ameazas ambientais seguen aí. O mesmo sucede có cambio climático, a contaminación dos plásticos e as especies invasoras demostraron a súa importancia».

A dedicación e o entusiasmo de centenares de persoas, conseguiron co seu esforzo crear un ambiente favorable á protección e á divulgación medioambientais que se poden ver reflexado nas infraestruturas que ten a SGHN na Praza de Canido para o estudo e a divulgación das ciencias biolóxicas, contidas no Museo de Historia Natural e na Biblioteca da Natureza.

Conseguir estas instalacións non sería posible sen a colaboración da sociedade ferrolá que sempre valorou a actividade e a labor da SGHN, cedéndolle o uso dos locais primeiro do antigo Hospicio de Sta. Teresa e logo a Casa do Coronel do cuartel Sánchez Aguilera. A entidade recibiu varias distincións por parte do Concello de Ferrol en recoñecemento pola súa labor que esperamos sigan facendo por moito tempo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies